suprematismo
suprematismo
(< fr suprematisme)
s
m
[ARTE]
Tendencia pictórica de carácter non figurativo teorizada e levada á práctica por K. Malevič. Fíxose pública en 1915, cando Malevič amosou, na exposición 0’10, Composición suprematista (1914) e Cadrado negro (1915). Utilizou novos símbolos, como o cadrado, o triángulo, o círculo e a cruz, tamén cores claras e moi puras. O suprematismo desenvolveuse ligado ao proceso ideolóxico e revolucionario soviético. Malevič dirixiuse cara á construción dun programa didáctico que sitúa a educación estética como un dos puntais básicos da nova cultura proletaria. Non obstante, non puido pór en práctica este programa na URSS e só o puido realizar como profesor na Bauhaus.