supresor -ra

supresor -ra

(< lat suppressōre)

  1. adx e s

    Que ou quen suprime.

  2. adx [XEN]

    Aplícase ao xene que enmascara a manifestación fenotípica doutro.

  3. s m [FÍS]

    Sistema deseñado para minimizar o ruído producido polas cintas magnéticas, as bandas sonoras, os fonocaptores, os equipos de radiodifusión e outros. Clasifícanse en non complementarios, que tratan o sinal só na reprodución, e complementarios, que se basean na compresión-expansión da dinámica do sinal e actúan separando do sinal total a fracción correspondente ás oscilacións de baixa amplitude que, amplificada, se engade ao sinal orixinal.

  4. reixa supresora [FÍS]

    Reixa auxiliar que está situada entre dous eléctrodos positivos de certos tubos electrónicos, como o péntodo, que reduce o fluxo de electróns secundarios dun eléctrodo a outro.

Palabras veciñas

suprematismo | supremo -ma | supresión | supresor -ra | suprimíbel | suprimible | suprimir