Syrdarja

Syrdarja

Río de Asia central formado pola confluencia dos ríos Naryn e Karadarja, no val de Fergana. Atravesa en dirección NO a rexión de Nizmennost’, en Kazakhstán, e desemboca no mar de Aral tras 2.212 km de percorrido. Desde a década de 1960, a desviación de parte do río para a irrigación produciu un importante descenso do mar de Aral.