Szczecin

Szczecin

Capital do voivodato de Zachodniopomorskie, Polonia (416.485 h [estim 2002]). Situada á entrada do esteiro do Oder, é un dos primeiros portos do Mar Báltico. Ten industrias siderúrxicas e de construción naval. Residencia dos duques de Pomerania, en 1243 conseguiu a carta municipal que consagrou a súa autonomía, e en 1360, para defenderse, uniuse á Liga Hanseática. Ocupada por Gustavo II Adolfo de Suecia en 1630, pola Paz de Westfalia (1648) recoñeceulle a súa posesión aos suecos, que en 1720 lla venderon a Prusia. Despois da Segunda Guerra Mundial, a Conferencia de Potsdam (1945) atribuíulla a Polonia. Conserva notables monumentos góticos, dos que destacan algunhas igrexas dos ss XII-XIV e o antigo concello (1423?).