Semanario Político, Histórico y Literario de La Coruña
Semanario Político, Histórico y Literario de La Coruña
Semanario publicado na Coruña a partir do 2 de agosto de 1809. Cesou en setembro de 1810 (nº57). Fundado e dirixido por Manuel Pardo de Andrade, constaba das seccións de política, historia -redactada polo director-, e literatura, en que incluíu narracións dos feitos acontecidos en Galicia na guerra contra os franceses. O seu obxectivo foi manter vivo o espírito de resistencia fronte á invasión e salvagardar a cultura galega. De tendencia progresista e demócrata, traballou pola difusión do pensamento liberal.