silvita

silvita

(

s f [MINERAL]

Cloruro de potasio, de fórmula KCl, que cristaliza no sistema cúbico, xeralmente en cristais cúbicos, aínda que tamén aparece en masas ou grans grandes. É incolora ou branca, e a súa posible cor avermellada débese á inclusión de hematites. Ten unha densidade e dureza de 2 e o seu sabor é picante, máis amargo ca o da halita.

Sinónimos

Palabras veciñas

silvinita | Silvino/Silvina | Silvio/Silvia | silvita | 1 sim- | 2 sim- | 1 sima