Siricio, san
Siricio, san
Papa (384-399). Sucedeu a san Dámaso I coa oposición de Ursino. Afirmou a supremacía do bispo de Roma sobre todo o Occidente no sínodo de 386 e atraeu Iliria á órbita romana. A súa carta a Himerio, bispo de Tarragona (384), referente ao tratamento benigno dos penitentes, constitúe a primeira decretal. Condenou a Xoviniano (392), que negaba o valor da virxindade e da ascese. A súa festividade celébrase o 26 de novembro.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Roma