Siros ou Siro

Siros ou Siro

Illa das Cícladas, Grecia, situada no Mar Exeo (85 km2; 20.000 h [1980]). A súa capital é Hermoúpolis (13.030 h [1991]). A actividade principal é a pesca. A capital, que tamén é do nomós e arquipélago das Cícladas, constitúe un importante centro comercial e marítimo do Exeo.