Taboada
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de azul, tres paus de prata, afastados; bordo de prata cargado de oito caldeiras de sable. Outro, en campo de goles, catro billetes de ouro postos en pau e colocados en dúas faixas de dous; bordo de prata, cargado de dez caldeiras de sable. Outro, en campo de goles, cinco mesas de prata, colocadas en aspa; bordo de ouro, cargado de oito caldeiras de sable. Outro, en campo de goles, seis billetes de ouro, postos en pau e colocados en dúas faixas de tres, superados en xefe de tres flores de lis de ouro. Outro, en campo de goles, tres paus de ouro, afastados, deitados de seis caldeiras de sable, colocadas en pau, tres en cada flanco. Outro, en campo de goles, cinco paus de ouro, afastados e colocados en faixa; bordo de prata, cargado de nove caldeiras de sable. Outro, en campo de goles, catro paus de ouro, afastados; bordo de prata cargado de oito caldeiras de sable.