Taboada Roca, Antonio

Taboada Roca, Antonio

Farmacéutico e historiador. Licenciado en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela (1919), realizou investigacións históricas e heráldicas. En 1926 ingresou no Seminario de Estudos Galegos onde promoveu Terra de Melide (1933). Colaborou en diversas publicacións como Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, Nós, Boletín da Real Academia Galega, Cuadernos de Estudos Galegos ou o Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos de Lugo. Das súas obras destacan Cotos e xurisdicións de Galicia: pazo de Santa Mariña de Castro de Amarante (1929) e Don Juan Vázquez de Mella y Galicia (1963). Foi académico correspondente da Real Academia Galega e membro de diversas asociacións de estudos xenealóxicos e heráldicos.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Melide

  • Deceso

    Lugar : Madrid