Tabrīz
Tabrīz
Capital do ostān de Acerbaixán Oriental, Irán, situada ao NO do país (1.191.043 h [1996]). Situada ao pé do volcán Kūh-e Sahand, foi destruída en diversas ocasións por tremores de terra. É tradicional a manufactura de alfombras, e baixo os safávidas, no s XV, houbo unha fábrica real. Corresponde á antiga cidade armenia de Kandsag. Destacan as ruínas da tumba de Ghazan Khan, o gran emperador mongol que fixo de Tabrīz a súa capital, e a mesquita de Ta ǧ -id-Dīn ‘Alī Shāh (1312-1332) e a Mesquita Azul, de Shāh Gahan (1436).