tabulario

tabulario

(

  1. s m [HIST]

    Secretario da curia, na antiga Roma, que interviña na redacción de documentos públicos e no seu arquivo. Desde a época de Marco Aurelio, houbo en todas as provincias encargados tamén do rexistro de defuncións e nacementos.

  2. s m [HIST]
    1. Arquivo ou escribanía, na antiga Roma, onde se gardaban os documentos públicos.

    2. Sala da casa romana que separaba o peristilo do atrio onde adoitaban gardarse os arquivos familiares.

Palabras veciñas

tabuladora | 1 tabular | 2 tabular | tabulario | tabulatura | taburdio | Tabuyo Romero, Domingo