Tacca, Pietro

Tacca, Pietro

Escultor italiano. Discípulo colaborador de Giambologna, de quen rematou algunhas obras, como as estatuas de Fernando I (1608, Florencia) e Filipe III (1606-1613, Madrid), foi autor dos relevos na base do monumento a Fernando I (1615-1624, Liorna) e da estatua de Filipe IV a cabalo (1634-1640, Madrid). Traballou sobre todo o bronce.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Carrara

  • Deceso

    Lugar : Florencia