tacómetro
tacómetro
(< gr τάχος ‘velocidade’ + - 1 metro)
s
m
[TECNOL]
Aparato mecánico ou eléctrico que indica a velocidade de rotación dun órgano mecánico, xeralmente expresada en voltas por minuto. Os tacómetros mecánicos están baseados no principio do regulador de bólas de Watt. Os tacómetros eléctricos son pequenos xeradores que xeran unha corrente eléctrica de intensidade proporcional á velocidade da árbore motor.