tahírida
tahírida
(< antropónimo Ṭãhiribn al-Ḥusayn)
-
adx
Relativo ou pertencente á dinastía tahírida.
-
s
[HIST]
Membro da dinastía iraniana que gobernou (820-873) o Khorāsān, con capital en Nišapur. O seu fundador, Ṭāhir ibn al-Ḥusayn, militar ao servizo de Hãrun al-Rãšid, declarouse independente, aínda que os seus sucesores tiveron que someterse á vasalaxe do califa de Bagdag al Musta’ĩn. O derradeiro representante da dinastía foi destronado (873) por Ya’quīb ibn al-Layt al-Saffar, iniciador da dinastía saffárida.