taifa

taifa

(< ár tā‘ifa‘destacamento’)

  1. s f [HIST]

    Cada un dos reinos que xurdiron en Al-Andalus como consecuencia do desmembramento do Califato de Córdoba (s XI). Substituído o poder califal polo do exército, foi así como diversos xefes erixiron estes estados autónomos, coñecidos como reinos de taifas que, co tempo, acadaron a independencia total. As taifas constituídas en Al-Andalus foron as de Silvas, Santa María de Huelva, Arcos, Morón, Mértola, Niebla, Carmona, Ronda, Algeciras, Málaga, Granada, Córdoba, Almería, Murcia, Lleida, Albarracín e Tortosa. As que acadaron un poder político máis notable foron as de Toledo, Zaragoza, Sevilla, València e Denia, así como a de Mallorca, que foi a de maior duración. O período dos reinos de taifas significou, en xeral, unha época dunha gran prosperidade, tanto socioeconómica coma cultural. Unificado de novo todo o Al-Andalus coa invasión almorávide, na segunda metade do s XII volveu a producirse, coa súa caída, un fenómeno semellante de fragmentación territorial e política, que se denominou tamén período das segundas taifas.

  2. s [HIST]

    Soberano que gobernaba cada un dos reinos de taifas.