taiga

taiga

(

s f [BOT/XEOG]

Bioma propio das rexións boreais de Eurasia e América, caracterizado polo predominio do bosque de coníferas perennifolias, adaptadas ás baixas temperaturas invernais e ás precipitacións moderadas e, en gran medida, en forma de neve. Estas formacións aséntanse sobre solos de tipo podzol. O sotobosque asociado está integrado por eriáceas subarbustivas, algunhas herbas humícolas e mofos. Tamén se atopan bosques de bidueiros e salgueiros nas ribeiras dos cursos fluviais.