Tāj Mahal
Tāj Mahal
Mausoleo situado en Agra (Uttar Pradēsh). Erixiuno (1631-1640) o sultán mogol Shāh Jahān na honra da súa esposa favorita Mumtāz Ma ḥ all (morta en 1613). Os restos dos dous xacen no seu interior. O conxunto ocupa un rectángulo de 580x304 m e rodeouse cun muro, cun pavillón octogonal en cada esquina. Na parte central hai un xardín cadrado cun canal de auga que conduce directamente á entrada principal do edificio. No extremo N do recinto ergueuse o mausoleo, de mármore branca, con planta octogonal e catro fachadas, no que destaca unha enorme cúpula en forma de bulbo. Está flanqueado por dous minaretes de 41 m de altura. Foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1983).