Tajín, El

Tajín, El

Antiga capital dos totonacas, en Veracruz, México. Foi construída cara ao ano 500 e foi florecente ata 1200. Influída polas culturas olmeca, tolteca e huaxteca, foi famosa pola necrópole, as numerosas construcións da acrópole, cos seis xogos de pelota e a pirámide dos nichos. Foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1992).