Tamallancos
Tamallancos
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de azul, cinco crecentes de prata, colocados en aspa, o do centro cargado dunha estrela de ouro. Outro trae, en campo de prata, unha aguia de sable, brochante sobre ela, en abismo, un escudiño de goles, con cinco crecentes colocados en aspa, o do centro cargado dunha estrela de ouro.