Tamallancos, pazo de
Tamallancos, pazo de
Construción situada en Tamallancos (Vilamarín). Ten planta en forma de L. O patio delimitado polas coxías da vivenda está pechado por dependencias auxiliares, polo que o conxunto presenta un trazado irregular. Na fachada principal atópase a porta cun arco de medio punto.