Tambre, El
Tambre, El
[PUBLIC]
Xornal publicado en Noia a partir do 3 de decembro de 1879. Cesou o 9 de xullo de 1881. Subtitulado “Periódico bisemanal de intereses generales, noticias y anuncios” editouse nos obradoiros de Xosé Rodríguez Ruibal, que chegou a ser o seu propietario. Antes foi propiedade de Ramón Lira e estivo dirixido por Andrés Rey. Incluíu sucesos, notas de sociedade, poesías e folletín. Foi rival doutro xornal local, El Zumbido.