Tapajós
Tapajós
Río de Brasil, afluente do Amazonas, que ten uns 2.000 km de lonxitude. Está formado pola confluencia do Juruena e do São Manuel, que nacen respectivamente na serra dos Parecis e no límite setentrional do Mato Grosso, e desemboca preto de Santarém.