tapar

tapar

(< tapa)

  1. v t

    Cubrir cun tapón, un testo ou unha tapa calquera recipiente ou caixa.

  2. v t

    Estar algo ou alguén encima ou diante dalgunha cousa de xeito que impide a súa visión.

    Ex: O edificio tapa o xardín.

  3. v t

    Obstruír o paso ou ocultar a entrada dun orificio ou abertura mediante algunha cousa.

    Ex: As rochas tapaban a entrada da cova.

  4. v t
    1. Cubrir algo para que quede protexido ou illado.

      Ex: Tapa a comida para non arrefríe.

    2. Cubrir a alguén para protexelo contra o frío ou contra as inclemencias do tempo.

      Ex: Tapa o neno que se vai mollar. Tapouno co seu paraugas.

  5. v t

    Encher unha fenda ou un burato con algún material sólido para que non se note.

    Ex: Tapou as fendas da parede.

  6. v t

    Encubrir algo ou a alguén para impedir que sexa descuberta unha falta ou un delito.

    Ex: Non o tapes tanto que xa sabemos o que fixo.

  7. v pron

    Cubrirse alguén para evitar ser visto.

    Ex: Tapouse coas mantas.

  8. v pron

    Protexerse contra o frío ou contra as inclemencias do tempo, especialmente ao cubrir o corpo con roupa de abrigo.

    Ex: Tapeime coa camisa.

Frases feitas

  • Tapar (lle) a boca.

  • 1 Facer calar a alguén.

  • 2 Protexer contra o frío ou contra as inclemencias do tempo, especialmente ao cubrir o corpo con roupa de abrigo.

Conxugar
VERBO tapar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
tapo
tapas
tapa
tapamos
tapades
tapan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
tapaba
tapabas
tapaba
tapabamos
tapabades
tapaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
tapei
tapaches
tapou
tapamos
tapastes
taparon
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
tapara
taparas
tapara
taparamos
taparades
taparan
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
taparei
taparás
tapará
taparemos
taparedes
taparán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
taparía
taparías
taparía
tapariamos
tapariades
taparían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
tape
tapes
tape
tapemos
tapedes
tapen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
tapase
tapases
tapase
tapasemos
tapasedes
tapasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
tapar
tapares
tapar
taparmos
tapardes
taparen

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
tapa
-
-
tapade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
tapar
tapares
tapar
taparmos
tapardes
taparen
Xerundio tapando
Participio tapado
tapada
tapados
tapadas