tapir

tapir

(

s m [ANIMAL]

Mamífero que pertence ao xénero Tapirus, da familia dos tapíridos, que se caracteriza pola fusión do fociño co nariz e o labio superior para formar unha pequena trompa. Existen diferentes especies, T. indicus, que habita na parte suroccidental do continente asiático e na illa de Sumatra; as especies americanas, T. terrestris, T. pinchaque e T. bairdii; a primeira, a máis corrente, repártese uniformemente por toda América do Sur, excluído o cono S, e as outras dúas teñen un reparto máis limitado.