Tarifa
Tarifa
Municipio da provincia de Cádiz, Andalucía, situada no centro do estreito de Xibraltar (15.670 h [2001]). Ten agricultura e gandaría ovina e bovina, pesca e industria conserveira. No S do termo atópase a punta Marroquí ou Punta de Tarifa, que constitúe o punto máis meridional de Europa. O seu nome vén de Tarīf ibn-Mālik, que a conquistou en 710. Conquistada por Sancho IV de Castela en 1292, Alonso Pérez de Guzmán o Bo, evitou que volvese caer en mans musulmáns. En 1344 a cidade foi escenario da Batalla de Tarifa, na que as tropas benimerinas estaban comandadas por Abū-I- Ḥ assan. O Rei Afonso XI obtivo a vitoria. Destaca o castelo árabe de 960 e unhas murallas con 26 torres.