Tauro

Tauro

Cordilleira de Turquía que se estende desde a antiga rexión de Licia ata o Éufrates. Illa a rexión costeira do altiplano interior de Anatolia formando unha barreira onde o único paso relativamente fácil son estreitas gorxas no NO de Adana. Culmina no pico Kaldida ǧ , no macizo de Aladag (3.734 m). Está sucada por ríos curtos e rápidos.