Te

Te

Río que discorre pola península do Barbanza ao longo de 9 km de lonxitude. Nace na parroquia de Laíño, no concello de Dodro, e o seu curso adopta unha dirección NL-SO coa que penetra no concello de Rianxo e drena as parroquias do Araño, Asados e Taragoña, onde desemboca na enseada de Carballeira, na beira setentrional da ría de Arousa.