Tecumseh
Tecumseh
Xefe dos indios shawnees. Combateu os colonos establecidos nas beiras do río Ohio e participou nas conferencias de paz de 1800. Tentou unha confederación de todas as tribos indias, pero foi perseguido e vencido polo xeneral William Harrisson, gobernador de Indiana, en 1811. Aliouse cos ingleses na Guerra Angloamericana (1812-1813), pero foi vencido e morreu á beira do río Támesis.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Piqua, Ohio -
Deceso
Lugar : preto de Oxford