Teima
Teima
[PUBLIC]
Revista publicada en Santiago de Compostela a partir de novembro de 1976 (nº0). Cesou en agosto de 1977 (nº35). Subtitulada “Revista galega de información xeral”, foi a primeira publicación monolingüe en galego tras a morte de F. Franco. Editada pola Sociedade Galega de Publicacións, presidida por Domingo García-Sabell, foi dirixida por Ánxel Vence Lois. Cun carácter progresista e galeguista, e cunha estrutura de contidos estable ao longo de toda a publicación, o semanario fíxose eco dos grandes cambios políticos no país, incluíu artigos sobre política, economía, cultura e lingua. Completaron a revista artigos de opinión e diversas colaboracións literarias.