Teleki, Pál
Teleki, Pál
Político e xeógrafo, conde Teleki von Szék. Participou como ministro de Asuntos Exteriores na negociación do Tratado do Trianon (1920). Primeiro ministro (1939), ordenou a ocupación de Rutenia. Denunciou a agresión nazi contra Polonia e combateu as organizacións pronazis húngaras. Escribiu obras de xeografía económica e política, e realizou un mapa etnográfico de Hungría. Suicidouse en sinal de protesta polo ataque nazi contra Iugoslavia coa conivencia do exército húngaro.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Budapest -
Deceso