telemática

telemática

(< 1 tele-+ [infor]mática)

s f [INFORM]

Parte da informática relacionada co procesamento de datos cando a entrada e a saída da información se realiza nun lugar distante de onde está o ordenador que vai procesar finalmente os datos. Un equipo de teleinformática consta dun ordenador do que saen as canles de comunicación de datos, un equipo similar situado no outro extremo e un periférico ou terminal polo que entra e sae a información que vai procesar o ordenador central. As canles de comunicación son liñas ou ben poden ser elementos deseñados para a transmisión de datos informáticos.

Sinónimos

Palabras veciñas

telemando | Telemann, Georg Philipp | Telemark | telemática | telemedida | telemetría | telémetro