Téllez
Téllez
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de ouro, seis luneis de azul colocados en dous paus de tres. Outro trae, en campo de ouro, catro luneis de azul colocados en cruz e, no medio deles, dous crecentes enfrontados, e descendendo da lúa inferior tres pares de crecentes enfrontados en pau, para formar unha cruz latina.