1 tempo

1 tempo

(

  1. s m
    1. Duración e sucesión das cousas, considerada como transcorrente dunha maneira continua e uniforme e que se mide por fenómenos sucesivos acontecidos a intervalos regulares, como o ciclo solar, o ciclo lunar ou o curso das estacións, entre outros.

    2. Porción determinada dentro desta sucesión.

  2. s m

    Idade de algo ou alguén.

  3. s m

    Período longo de tempo.

  4. s m

    Período ao que se alude e que adoita ter como referencia algún feito concreto.

  5. s m

    Espazo ou momento apropiado para facer algo.

  6. s m [METEOR]

    Estado da atmosfera nun lugar e nun momento determinados, ou durante un período curto de tempo. Descríbese indicando os valores dunha serie de parámetros denominados elementos meteorolóxicos como a temperatura do aire, a presión atmosférica, o vento e a humidade atmosférica (humidade relativa, nebulosidade, precipitación). É unha condición que varía de hora en hora ou de día en día.

  7. s m

    Cada unha das partes, fases ou movementos en que se divide a execución de algo.

  8. s m [FILOS/PSIC]

    Concepto xenérico, irredutible a calquera outro e, como tal, non susceptible de definición, ao que se remite sempre, ao referirse aos acontecementos, aos procesos e ás sucesións das cousas e a duración mesma do real, en virtude da consciencia da propia permanencia e da diferenza que se experimenta entre o que é e o que xa foi. Imaxinable como a liña ou figura unidimensional ininterrompida, o tempo concíbese como referencia pretendidamente absoluta en relación á que se ordena a propia experiencia e os contidos desta relativos á realidade enteira. Non obstante, a medida ou determinación concreta do tempo faise a partir de datos convencionais, é dicir, dunha maneira relativa. Tal concepto pretendidamente absoluto do tempo é, non obstante, alleo ao antigo pensamento filosófico grego, que só consideraba o tempo (κρονος) en función do movemento ou cambio das cousas e a partir da idea da súa sucesión. A comprensión grega do tempo pasou íntegra á tradición occidental cristiá, ben na liña platónica (santo Agostiño) ou ben na liña de Aristóteles (por medio da escolástica). Só na Idade Moderna xurdiu propiamente unha comprensión do tempo (tipificable en Newton) como dimensión absoluta, e fíxoo en polémica con outra interpretación do tempo (tipificable en Leibniz) que mantiña unha dimensión radicalmente relativa. Tal polémica permanece reflectida no mesmo Kant, a posición do que respecto a isto non é sempre unívoca. A importancia que ten en Kant o tempo, equivalente á que ten tamén en Hegel como pensador do devir e a historia, determina, por outra banda, a primacía filosófica que desde entón acadou a temporalidade como condición radical e fundamental do real. O evolucionismo e o historicismo, como correntes, e, como filósofo, Bergson e sobre todo Heidegger, son testemuñas. Psicoloxicamente, a experiencia do tempo depende do nivel máis ou menos elevado da actividade orgánica. Por outra banda, no que respecta á consciencia do tempo, parece que esta é diferente con relación aos acontecementos que se presentan de forma secuencial e con relación aos que se fan linealmente.

  9. s m [LING]

    Accidente ou morfema característico do verbo que relaciona a acción, a ocorrencia ou a situación dos acontecementos referidos na oración co momento actual da expresión. De aí a oposición do presente, momento do enunciado, co non-presente, que pode ser o pasado, antes do momento do enunciado e o futuro, despois do momento do enunciado. O pasado e o futuro poden considerarse como instantes rematados ou como duración respecto ao presente no enunciado. De aquí a oposición entre o perfecto (saíu) e o imperfecto (saía). O tempo interfire tamén no modo, tendo en conta que o futuro e o condicional poden incluír un certo aire de posibilidade ou probabilidade.

  10. [FÍS/ASTRON]
    1. s m

      Parámetro real (non negativo) que constitúe unha das catro coordenadas do conxunto continuo espazo-tempo (espazo de Minkowski) que permite situar un punto material, individualizándoo nunha sucesión de acontecementos observados desde un mesmo sistema de referencia. O concepto de tempo vai ligado ao de simultaneidade no sentido que a localización dun acontecemento é determinada por comparación coa simultaneidade cos que se producen nun sistema de referencia que se denomina reloxo. Segundo Einstein, o tempo dun acontecemento é a indicación que dá un reloxo colocado no punto do espazo onde ten lugar o acontecemento e supuxo, contra as teorías clásicas de Newton e Galileo, que non hai un tempo absoluto. Desde antigo, o home asociou a evolución do tempo ao ciclo natural da vida e ao desprazamento dos astros no firmamento. Para definir a unidade de tempo cómpre atopar un acontecemento físico periódico que se repita a intervalos de tempo exactamente iguais. O procedemento astronómico para a medida do tempo baséase na rotación da Terra ao redor dela mesma. Defínese unha unidade de tempo, o día, como o intervalo entre dous pasos consecutivos polo meridiano dun corpo celeste que se toma como referencia. Segundo a natureza deste derradeiro, a duración do día é diferente, e por iso hai diversos tipos de día, que corresponden a distintos astros de referencia. Por convenio, divídese cada día en 24 horas, cada hora en 60 minutos e cada minuto en 60 segundos. O corpo celeste que aparece como referencia práctica para determinar o movemento de rotación da Terra é, sen dúbida, o Sol. A correspondente unidade de tempo, denominada día solar verdadeiro, defínese como o intervalo de tempo que transcorre entre dúas culminacións inferiores do Sol. O valor do tempo solar verdadeiro para un instante calquera é o valor que se obtén sumando 12 horas ao ángulo horario do Sol neste mesmo momento. A duración dun día solar verdadeiro, máis longa ca a dunha rotación efectiva da Terra ao redor do seu eixe, non é constante. Para conseguir unha unidade de tempo realmente constante defínese un astro imaxinario, o Sol fiticio, que está nun punto do firmamento e se move sobre o ecuador celeste cunha velocidade uniforme, igual á velocidade media do Sol verdadeiro. Ademais, coincide con este último cada vez que pasa polo punto Aries. O día solar medio defínese como o intervalo de tempo que transcorre entre dúas culminacións inferiores do Sol fiticio, e o valor do tempo solar medio para un instante calquera obtense sumando 12 horas ao ángulo horario do Sol ficticio neste mesmo momento. O tempo solar medio determínase corrixindo o valor do tempo solar verdadeiro cunha magnitude apropiada, que é dada en todo momento pola ecuación do tempo. Para dar unha definición de día que coincida realmente co período de rotación da Terra tómase un astro de referencia, un astro arredado. Así, defínese o día sideral como o intervalo que transcorre entre dúas culminacións superiores consecutivas dunha mesma estrela, e o tempo sideral en calquera instante é o ángulo horario da estrela de referencia neste mesmo instante. Tómase como referencia o punto Aries, cuxa situación respecto ás estrelas fixas varía co tempo a causa da existencia dos movementos de precisión e de nutación do eixe da terra. O tempo medido a partir do ángulo horario deste punto ficticio denomínase tempo sideral medio. A Unión Astronómica Internacional introduciu o tempo das efemérides ou tempo de Newcomb, cuxa unidade, ao día, é definida por convenio como 1/365,25636274 da duración do ano sideral 1900.

    2. tempo astronómico

      Magnitude definida para calquera instante, cando é igual ao ángulo horario do Sol medio ao instante considerado. Este tipo de tempo é o mesmo que o tempo solar medio, coa única diferenza que se toma como instante orixe o mediodía en lugar da medianoite. Ata 1925 foi usado como tempo oficial e despois, por recomendación da Unión Astronómica Internacional, adoptouse o tempo solar medio.

    3. tempo oficial/legal

      Tempo válido para todos os lugares situados dentro dun mesmo fuso horario, que corresponde ao tempo civil de lugares situados sobre un determinado meridiano xeográfico, situado dentro do fuso que se toma como referencia. O cambio de hora adoita facerse no verán, e por iso se chama normalmente hora de verán.

    4. tempo sideral/siderio

      Magnitude, definida para calquera instante, que é igual ao valor do ángulo horario dunha estrela ou dun punto da esfera celeste que se toma como referencia no instante considerado.

    5. tempo solar medio/local

      Magnitude, definida para calquera instante, que se determina sumando 12 horas ao valor do ángulo horario do Sol medio no instante considerado.

    6. tempo solar verda

      ­

    7. tempo universal

      Tempo solar medio ou civil do observatorio de Greenwich.

  11. s m [ECON]
    1. Transcurso do tempo como cantidade variable, factor ou constante que altera outras variables ou que está afectado por elas.

    2. ariable introducida na análise económica, ben sexa como tendencia ou punto de referencia á que deben referirse outras variables consideradas esenciais, ben como variable esencial nela mesma, cuxas modificacións foron aspecto de estudo do marxinalismo.

  12. [FÍS]
    1. constante de tempo

      Tempo ao cabo do que unha magnitude que varía exponencialmente, diminúe o seu valor a 1 /e (36,8%) do valor inicial ou ben aumenta a 1-(1/e) (63,2%) do valor final, e e = 2,71828 é a base dos logaritmos neperianos.

    2. tempo de relaxación

      Relación que, nun sistema isotrópico e homoxéneo, existe entre a permitividade e a condutividade g. É dicir t r = e/g.

    3. tempo morto

      Tempo que transcorre entre a excitación e o accionamento dun mecanismo ou dun dispositivo e o seu efecto ou resposta. OBS: Tamén se denomina tempo de resposta.

  13. s m [TECNOL]
    1. Espazo de tempo que transcorre entre dous ou máis momentos do funcionamento ou entre a inacción e o funcionamento dun mecanismo ou dun dispositivo.

    2. Cada unha das fases en que se considera descomposto o ciclo de funcionamento dun motor.

    3. Tempo durante o que unha acción mecánica, pneumática ou eléctrica é interrompida ou deixa de producir efectos. No ciclo de funcionamento dun motor, o tempo morto denomínase tamén punto morto.

  14. s m [MÚS]
    1. Parte ou división do compás, que se dividen segundo a acentuación en fortes (os primeiros de cada compás) e febles.

    2. Movemento ou parte dunha composición.

  15. [INFORM]
    1. en tempo compartido

      Maneira de funcionar un sistema informático que permite o acceso, en tempo real, de diferentes usuarios.

    2. en tempo diferido

      Maneira de tratar os datos nun ordenador, en que son procesados seguindo as instrucións da linguaxe de control de tarefas, ou sexa, por lotes.

    3. en tempo real

      Maneira de tratar os datos dun ordenador, en que este responde nun tempo moi breve a calquera demanda de información.

    4. tempo de acceso

      Espazo de tempo entre o libramento de datos a unha memoria e o momento do seu rexistro.

  16. s m [MED]

    Cada un dos actos en que pode ser dividida unha operación cirúrxica.

  17. s m [DEP]

    Conxunto de fases ou movementos dun exercicio ximnástico ou deportivo.

  18. s m [RELIX]

    Dimensión da existencia, propia da humanidade, en contraposición á eternidade, en tanto que é característica dos deuses e dos homes divinizados.

Frases feitas

  • A tempo loc adv No momento oportuno.

  • Ao/ó mesmo tempo. Conxuntamente, sen diferenza de tempo.

  • 2 Traballar en van en algo que non dá resultado.

  • A un tempo loc adv Ao mesmo tempo.

  • Andar/ir co(s) tempo(s). Adaptarse ás circunstancias que van cambiando co paso do tempo.

  • Ao/ó seu tempo. No tempo oportuno.

  • Aproveitar o tempo. Dedicarse a cousas útiles.

  • Co tempo loc adv Co paso do tempo.

  • Con tempo loc adv Cun espazo de tempo anticipado.

  • Dar tempo ao/ó tempo. Deixar pasar o tempo para que se solucione algo.

  • En tempo loc adv Con tempo suficiente.

  • Facer tempo. Entreterse mentres se espera algo.

  • Fóra de tempo. Fóra do momento que lle corresponde.

  • Gañar tempo. Adiantar algo para rematar antes.

  • Matar/pasar o tempo. Facer algo só para entreterse.

  • Noutro tempo. No pasado.

  • Perder o tempo. 1 Facer algo sen sacar proveito cando hai que facer algo máis importante.

  • Ter tempo. Dispoñer de tempo para facer algo.

Refráns

  • A conta do perdido: o que non se faga hoxe, farase o domingo.
  • Á curta ou á larga o tempo todo o alcanza.
  • A día claro, escuro nubrado.
  • A muller que moito se pasea han tece a súa tea.
  • A pera dura co tempo madura.
  • Acudirlle ao coiro con albaialde, que os anos non se van en balde.
  • Aire soán, malo no inverno e peor no verán.
  • Andando, andando, todo vai chegando.
  • Andando, andando, todo vai pasando.
  • Andando, andando, volvemos aos tempos de antano.
  • Axiña vén o que se ve.
  • Calquera tempo pasado é mellorado.
  • Cando chove e fai sol, é tempo de pagar as débedas.
  • Cando fai o seu tempo, non fai mal tempo.
  • Cando non fai o seu tempo, non fai bo tempo.
  • Cando o verán é inverno e o inverno é verán, mal anda para os pobres o ano de pan.
  • Co tempo maduran as uvas.
  • Co tempo todo chega.
  • Co tempo todo morreo
  • Co tempo todo pasa.
  • Co tempo todo se acaba.
  • Co tempo todo se vai.
  • Co tempo veñen os figos.
  • Culleres fainas o tempo.
  • Dar tempo ao tempo é de bo senso.
  • De mozo logo se sae; pero a selo non volve naide.
  • Día a día morreu miña tía.
  • Día a día, maio á porta.
  • Día tras día maio vai fóra.
  • Día tras día vanse indo os anos.
  • Día tras día, maio chega.
  • Día tras día, semana ao cabo.
  • Dona que moito mira, pouco fía.
  • En coser e descoser, o fío e o tempo téñense que perder.
  • Entroido, á raxeira; Pascua, á lareira.
  • Fíe quen fiou, que a Navidade xa pasou.
  • Maio pardo, san Xoán claro.
  • Marzo pardo, san Xoán claro.
  • Marzo pardo, sinal de bo ano.
  • Meu carriño novo: ¿quen te fará vello? -Tres meses de verán e nove de inverno.
  • Moitas cousas un chora, das que despois se ri e se mofa.
  • Nin polo bo tempo te agaches, nin polo malo te asañes.
  • No tempo de marzo á mañá enxoito e á tarde mollado.
  • No tempo dos coellos non hai consellos.
  • Non é bo tempo o que non é do seu tempo.
  • Non hai mestre coma o tempo.
  • Non hai prazo que non chegue nin forza que non se acabe.
  • Non hai prazo que non chegue.
  • Non hai prazo que non se cumpra nin débeda que non se pague.
  • Non se fai fóra de tempo o que se pode facer en todo tempo.
  • Nubes na montaña, vellas á borralla; nubes na ribeira, vellas á raxeira.
  • O bo tempo é pai do bo goberno.
  • O bo tempo está no pote.
  • O circo do sol molla o pastor, o da lúa ou molla ou enxuga.
  • O crego e mailo raposo, se perden a mañá, perden o día todo.
  • O mellor mestre é o tempo e a mellor mestra a experiencia.
  • Ó pasado díselle "adiós", para que non volva onda nós.
  • O que non ten que facer sacha as patacas antes de nacer.
  • O rocío de agosto dá polo rostro.
  • O tempo aclara as cousas e o tempo as escurece.
  • O tempo corre e todo vai detrás del.
  • O tempo corre.
  • O tempo creba sen canto nio pedra.
  • O tempo dá bo consello.
  • O tempo dá o remedio e nunca falta o bo consello.
  • Ó tempo das brevas todos se achegan.
  • O tempo é diñeiro.
  • O tempo e o diñeiro corren a paso lixeiro.
  • O tempo é o inventor de moitas cousas.
  • O tempo é o mellor conselleiro.
  • O tempo é o mellor mestre.
  • O tempo é ouro.
  • O tempo é pai da verdade e irmán da mentira.
  • O tempo é pai dos enganos.
  • O tempo é sabio pero o diaño é vello.
  • O tempo fai culleres.
  • O tempo non agarda por ninguén.
  • O tempo non anda para atrás.
  • O tempo non pasa en balde.
  • O tempo non recúa, porque non é mula.
  • O tempo non se detén, porque non fala con ninguén.
  • O tempo non se para nin recúa nin adianta. •
  • O tempo nunca ten présa pero sempre chega.
  • O tempo pasado sempre foi louvado.
  • O tempo todo o amansa.
  • O tempo todo o cobre, todo o encobre e todo o descobre.
  • O tempo todo o cura, ata topar connosco na sepultura.
  • O tempo todo o cura, menos a morte, que esa non ten cura.
  • O tempo todo o tapa e todo o destapa.
  • O tempo todo o trae e todo o leva.
  • O tempo trae as flores e, despois de as traer, fainas toller e vólveas traer.
  • O tempo tráeo todo e lévao todo.
  • O tempo vaise e os anos véñense.
  • Os anos non se van en balde.
  • Os días non corren en balde.
  • Ovella que berra, bocado perde.
  • Perdendo o tempo non se gaña diñeiro.
  • Quen predica en deserto, perde o sermón; e quen lava a cabeza ao burro, perde o xabrón.
  • Roibéns de sol levantado, é sin al de tempo molIado.
  • Roibéns de sol posto, é sinal de tempo enxoito.
  • San Francisco vén con vela e San Xosé vaise con ela.
  • Se a noite de Navidade for de luar, labra ben para sementar.
  • Se o mes de agosto vén claro, bo magosto e bo nabo; se vén nubrado, poucas castañas e nabos furados.
  • Tempo contado logo pasa.
  • Tempo e fortuna, todo se muda.
  • Tempo e sazón a ninguén dan conta nin razón.
  • Tempo ido, tempo perdido.
  • Tempo pasado que vén a memoria dá máis pena que gloria.
  • Tempo trae tempo.
  • Tempo tras de tempo e auga tras de vento.
  • Tempo tras tempo, tempo vén.
  • Tempo virá que o teu espello non te coñecerá.
  • Tempo, vento, muller e fortuna axiña se mudan.
  • Tempos van e tempos veñen, sobran os que penas teñen.
  • Tódalas cousas quereD o seu tempo.
  • Todo tempo pasado foi o máis louvado, porque o que está por vir, ou nos fará chorar ou nos fará sorrir.
  • Todo tempo pasado foi o mellor.
  • Tras deste tempo ha de vir outro.
  • Tras do bo tempo ha vir o mal tempo.
  • Tras do mal tempo ha de vir o bo tempo.
  • Tras dun día vén outro e así se van indo todos.
  • Un tempo malo trae outro tempo bo.
  • Un tempo tras doutro tempo logo vén e axiña se vaL
  • Voa o tempo como voa o vento.
  • ¡Boa moza levas, Pedro! Ela o dirá co tempo.

Palabras veciñas

Temple, Shirley | Temple, William | templo | 1 tempo | 2 tempo | Tempo Exterior | temporada