Tempo Exterior

Tempo Exterior
[PUBLIC]

Revista que apareceu en Baiona a partir de xuño de 1997. Editada polo Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI), subtitulouse “O correo do IGADI” e tivo periodicidade trimestral. En decembro de 2000 comezou unha segunda época baixo a dirección de Xulio Ríos e co subtítulo de “Revista de análise e estudios internacionais”. Dedicada á divulgación das tendencias internacionais, prestou especial atención á vertebración dun pensamento exterior propio de Galicia.

Palabras veciñas

templo | 1 tempo | 2 tempo | Tempo Exterior | temporada | Temporada en Mondariz, La | 1 temporal