Tennyson, Alfred
Tennyson, Alfred
Poeta inglés. Co seu irmán Charles publicou Poems by Two Brothers (1827) e a morte do seu amigo íntimo Arthur Hallam inspiroulle un dos seus poemas máis famosos, In Memoriam (1850). Destacan tamén Poems, Chiefly Lyrical (1833), que o converteu nun importante representante da poesía vitoriana; o poema a favor da emancipación feminina The Princess (1847) e os dramas poéticos Becket (1884) e Tiresias (1885).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Somersby, Lincoln -
Deceso
Lugar : Aldworth, Surrey