Tenochtitlán
Tenochtitlán
Antiga capital dos aztecas construída no s XIV nunha illa do antigo lago Texcoco (posteriormente desecado), sobre cuxas ruínas se construíu Ciudad de México. Primitivo bastión, engrandeceuse artificialmente con palafitas, presas e illotes feitos con canas, fango e herbas (chinampas) ata chegar a ser das máis grandes do mundo. A partir das escavacións, descubriuse o calendario solar, a pedra de Tizoc, as imaxes de Coatlicue e outras divindades, que formaron o teocali de Huitzilopochtli.