Tenorio, marquesado de
Título nobiliario concedido por Filipe IV en 1462 a Juan Fernández de Lima y Brito , vizconde de Vilanova de Cerveira e marido de Francisca Luisa de Sotomayor. Permaneceu unido ao ducado de Sotomayor e ao condado de Crecente ata o falecemento da VI duquesa de Sotomayor, Mariana Nin Zastrillas Sotomayor y Lima en 1847. Herdouno entón o seu neto Vicente de Alcántara y Vera de Aragón , VIII marqués de Tenorio (1867) e, sucesivamente, os seus descendentes: Santiago de Alcázar y del Nero (1879) e María de la Concepción del Alcázar y del Nero (1892). Unha das fillas desta, María de la Concepción Blanca de Collado y de Alcázar converteuse na XI marquesa de Tenorio en 1898. Morta sen descendencia, o título permaneceu vacante entre 1955 e 1984, cando foi rehabilitado pola súa sobriña--bisneta, María Eugenia Fitz-James Stuart , XII marquesa de Tenorio.