Tenorio, San Pedro de

Tenorio, San Pedro de

Mosteiro situado en Cotobade. A súa orixe é medieval, quizais fundado a partir da ampliación do mosteiro de San Salvador de Lérez. Na desamortización de 1835 foi exclaustrado e quedou o templo como parroquia. A igrexa foi construída en varias épocas e a actual data do s XVIII. Ten unha soa nave con cuberta de madeira. A capela maior está separada polo arco triunfal e a cuberta de pedra. Na fachada principal destaca o rosetón e das dependencias monacais, o claustro de dúas alturas (s XVI).

Palabras veciñas

Tenorio | Tenorio, marquesado de | Tenorio, Nicolás | Tenorio, San Pedro de | tenorita | tenorrafia | tenosinovite