Tenreiro Rodríguez, Antonio
Arquitecto. Arquitecto municipal da Coruña (1930) e do Ministerio de Educación durante a Segunda República Española, formouse na Escuela Técnica Superior de Arquitectura de Madrid (1913-1919). Estableceu o seu despacho profesional na Coruña, asociado con Peregrín Estellés. Xuntos realizaron o edificio do Banco Pastor da Coruña (1921) e proxectaron a Casa Barrié (1926), tamén na Coruña. Xunto coas súas obras inseridas no estilo art decó (edificio para a Sociedade de Seguros Mutuos da Coruña, 1929; Cine Savoy, 1930), destacaron as obras de corte modernista e racionalista (Casa-Biblioteca Municipal Menéndez Pidal, 1933; Mercado de Santo Agostiño na Coruña, 1932, que realizou xunto con Santiago Rei Pedreira). Despois da Guerra Civil Española o seu talante vangardista decaeu en favor do tradicionalismo, que se manifestou en proxectos como a Ciudad Cultural “Generalísimo Franco”, o edificio do Arquivo do Reino de Galicia ou a Biblioteca Pública no xardín de San Carlos da Coruña. A derradeira obra que acometeu con Estellés foi a reforma da fachada traseira do Banco Pastor.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : A Coruña -
Deceso
Lugar : Suíza