Teruel
Teruel
Provincia de Aragón, formada por 236 municipios (182.072 km2; 135.858 h [2001]). A súa capital é Teruel. O hábitat é concentrado, e destacan a cidade de Teruel (31.158 h [2001]) e núcleos de menor poboación como Alcañiz (13.431 h [2001]), Andorra (7.816 h [2001]), Calamocha (4.040 h [2001]), Calanda (3.474 h [2001]) ou Alcorisa (3.339 h [2001]). A súa economía baséase na gandaría na rexión da serra, e na produción de cereais de secaño nas terras máis baixas. A minaría é importante en toda a provincia.