Testeiro, montes do
Testeiro, montes do
Aliñación montañosa da Dorsal Occidental Galega, que se estende en dirección NNL-SO polas parroquias de Lebozán (Beariz), O Regueiro (Boborás e O Irixo), Froufe e Espiñeira (O Irixo), A Madanela de Montes (Forcarei), Zobra e Lebozán (Lalín). Forma parte da divisoria de augas das concas do Ulla e do Miño. O seu cumio acada os 1.003 m no monte Uceiro, entre Froufe e Zobra.