tetrahidrofurano
tetrahidrofurano
(
s
m
[QUÍM]
Composto heterocíclico que consiste nun anel de cinco membros que contén un átomo de osíxeno na súa estrutura. É un solvente de tipo básico que ten unha gran facilidade para combinarse con metais, oxídase orixinando un peróxido explosivo e pode ser polimerizado formando diversos poliéteres. É o produto de partida para a preparación de diversos compostos como a pirrolidina ou o clorobutanol. Ten unha grande aplicación como solvente industrial e de síntese orgánica.