tetrahidrofurano

tetrahidrofurano

(

Nome científico: [C<sub> 4</sub> H<sub> 8</sub> O]
s m [QUÍM]

Composto heterocíclico que consiste nun anel de cinco membros que contén un átomo de osíxeno na súa estrutura. É un solvente de tipo básico que ten unha gran facilidade para combinarse con metais, oxídase orixinando un peróxido explosivo e pode ser polimerizado formando diversos poliéteres. É o produto de partida para a preparación de diversos compostos como a pirrolidina ou o clorobutanol. Ten unha grande aplicación como solvente industrial e de síntese orgánica.

Palabras veciñas

tetrágono | tetragrama | tetrahidrofólico, ácido | tetrahidrofurano | tetralita | tetraloxía | tetrámero -ra