Texcoco

Texcoco

Cidade do estado de México, México (204.102 h [2000]), situada a 2.280 m de altitude, na ribeira do lago homónimo. Hábitat orixinario dos indios otomís, quen foron invadidos polos chichimecas, co tempo converteuse en capital do Reino de Acolhuacán. A causa das loitas internas, o Rei Nezahualcoyotl aliouse cos mexicas e derrotou os tepanecas en 1430. Á chegada dos conquistadores casteláns o xefe chichimeca Cacamatzin volveu aliarse cos mexicas, mentres que o seu irmán Ixtlilxochitl colaborou cos invasores.