texto

texto

(< lat textu)

    1. s m

      Contido dun escrito.

    2. s m

      Conxunto de palabras dun escrito que constitúe a parte orixinal, en contraposición ás notas, aos comentarios ou á versión, que hai adxuntos.

    3. s m

      Conxunto das palabras dun escrito en contraposición ás portadas, ás figuras ou aos índices.

    4. s m

      Pasaxe citado dunha obra literaria.

    5. s m

      Parte central dun diploma ou documento xurídico que expresa o feito documentado.

    6. texto crítico [FILOL]

      Texto restablecido para a crítica textual.

  1. [RELIX]
    1. s m

      Sentenza da Biblia.

    2. texto sagrado

      A Biblia.

  2. s m [LING]

    Manifestación lingüística analizable gramaticalmente, en glosemática. Oponse a contexto entendido como a situación comunicativa en que se produce o texto.

Palabras veciñas

Texo de Penalva | Texós | téxtil | texto | textual | textura | texturación