textura
textura
(< lat textūra)
-
s
f
Disposición e orde en que se entrecruzan e combinan os fíos dun tecido.
-
s
f
-
Disposición das partes ou partículas que compoñen unha cousa.
-
[ALIM]
Conxunto de propiedades físicas dun alimento que dependen da disposición e das características físico-químicas e biolóxicas das partículas que a integran.
-
[XEOL]
Proporción das diversas fraccións dun solo. Mediante a análise granulométrica establécense a textura areosa, limosa e arxilosa.
-
[XEOL]
Aspecto microscópico que se pode observar na superficie lisa dunha rocha homoxénea ou dun agregado mineral, e que se debe á disposición e unión dos cristais.
-
-
s
f
[LIT]
Estrutura dunha obra literaria.