Thackeray, William Makepeace
Novelista e xornalista. Convertido en periodista profesional, colaborou coa revista satírica Punch, con escritos que máis tarde reuniu no volume The Book of Snobs (1848). Das súas primeiras novelas históricas destaca The Luck of Barry Lyndon (1844), revisada máis tarde que apareceu co título de The Memoirs of Barry Lyndon (1856), unha longa obra ambientada no s XVIII. Vanity Fair (1847-1848) foi a primeira novela que apareceu co seu nome e a que o consagrou. Posteriormente tirou do prelo Henry Esmond (1852), outra novela histórica, pero dunha maior formalidade en canto á estrutura. Das súas obras contemporáneas destaca The History of Pendennis (1848); e a balada The Rose and the Ring (1855), en prosa, que foi considerada un texto modélico para os nenos.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Calcuta -
Deceso
Lugar : Londres