Poeta, músico, pintor e filósofo. Coñecido como Rabin­dranāth Tagore, foi o derradeiro dos catorce fillos dunha familia selecta. Entre 1877 e 1888 estudou leis, literatura e música occidentais en Inglaterra. Ao volver á India estableceu un contacto íntimo coas tradicións populares e avogou pola independencia do seu país. A súa literatura caracterizouse polo lirismo, que amalgama estilos hindúes e ingleses, e polo seu pensamento humanista, que tivo á vez acentos místicos, internacionalistas e de protesta social. Das súas numerosas obras algunhas tiveron sona universal, como Gītāñjali (Ofrenda de cánticos,1910) e The Gardener (1913). Recibiu o Premio Nobel de Literatura (1913).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Calcuta

  • Deceso

    Lugar : Santiniketan, Bolpur, Bengala Occidental