Thiers, Louis Adolphe
Thiers, Louis Adolphe
Político. Contribuíu ao acceso ao trono de Luís Filipe de Orléans. Elixido deputado en 1830, dirixiu o partido moderado. Como ministro do Interior (1832 e 1834-1836) reprimiu a conspiración lexitimista da duquesa de Berry de 1832 e as revoltas republicanas de París e Lyon de 1834. Presidiu o Consello de Ministros en 1836 e en 1840, pero en ambas as dúas ocasións dimitiu por diferenzas de criterio co Rei Luís Filipe I. Chamado outra vez para dirixir o goberno en 1848, non puido salvar a monarquía. Despois da derrota francesa na Guerra Franco-prusiana, foi nomeado xefe do poder executivo da república, pero desamigouse cos monárquicos e, en 1873, dimitiu.
Cronoloxía
-
Deceso
Lugar : Saint Germain -
Nacemento
Lugar : Marsella -
Deceso
Lugar : France